Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » Servizos do Consorcio do Louro
Servizos do Consorcio do Louro
Os servizos ofrecidos polo Consorcio do Louro agrúpanse baixo dúas etapas ou fases do tratamento das augas: en primeiro lugar o abastecemento, que abrangue as fases de captación, tratamento, transporte e almacenamento e distribución; e en segundo lugar, o saneamento das augas, consistente na recollida, interceptación e transporte, depuración e restitución, devolvendo a auga utilizada tratada dun xeito axeitado para volver formar parte dos ríos.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense