Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

6ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "AQUAL E ODS6, AQUAVENTURA COA CUADRILLA SOSTIBLE

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia celebran a 6ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL con motivo do Día Mundial da Auga e nesta ocasión baixo o lema AQUAL E ODS6, AQUAVENTURA COA CUADRILLA SOSTIBLE. O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia, na súa aposta por potenciar a creatividade dos máis cativos e intensificar a súa función didáctica, invita ós rapaces dos concellos de O Porriño, Tui, Mos e Salceda de Caselas que cursen 3º e 4º Primaria, a participar e a súa vez, a aprender dunha maneira divertida, UNHA EXTRAORDINARIA VIAXE PARA COIDAR  DA AUGA E DO PLANETA.

Os nenos poderán participar dende 22 de marzo de 2023 Día Mundial da Auga ao 5 de xuño de 2023 día Mundial do Medioambiente e optar aos seguintes premios:

• 1º Premio: 1 Tablet 8”, para o neno gañador do concurso no seu Concello.

• 2º e 3º Premio: 2 reloxos dixitais smartwatch para o 2º e 3º clasificado de cada Concello.

Os nomes dos nenos gañadores comunicaranse a partir do 5 de Xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, nas oficinas do Consorcio, nos Concellos e aquí, na nosa páxina web.

 

Consulta aquí as bases do concurso.

Descarga o conto "Aventura cua cuadrilla sostible"