Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Política de privacidade

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

 

Dacordo coa Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que nos facilite mediante esta sede electrónica ou con posterioridade como consecuencia do desenvolvemento deste contacto inicial, incorporaranse a un ficheiro cuxo responsable é o Consorcio de Augas do Louro coa finalidade de facilitar a xestión das consultas e peticións que nos realice.

Vostede poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición por correo postal dirixido á Subdirección Xurídico-Administrativa, Consocio de Augas do Louro, Camiño da Veiga, s/n, 36720 Tui (Pontevedra) ou mediante correo electrónico á seguinte dirección contacto@consorciodolouro.com e en ambos casos xunto coa copia do seu DNI.

A non cumprimentación ou a cumprimentación parcial dos datos de carácter persoal que se lle requiran suporá que non se poida atender a súa solicitude. Rogámoslle que nos comunique calquera modificación dos seus datos persoais, para que a información contida nos nosos ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.

Informámoslle de que están implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, todo isto de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo cal se aproba o regulamento do desenvolvemento da LOPD.

 

POLÍTICA DE COOKIES

As cookies son ficheiros de textos que se descargan e almacenan no ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar  e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma na que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. O navegador do usuario memoriza cookies no disco duro soamente durante a sesión actual ocupando un espazo de memoria mínimo e non prexudicando ao ordenador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a maioría das mesmas bórranse do disco duro ao finalizar a sesión do navegador (as denominadas cookies de sesión).

A maioría dos navegadores aceptan como estándar ás cookies e, con independencia das mesmas, permiten ou impiden nos axustes de seguridade as cookies temporais ou memorizadas.

Sen o seu expreso consentimento –mediante a activación das cookies no seu navegador– Consorcio do Louro non enlazará nas cookies os datos memorizados cos seus datos persoais proporcionados no momento do rexistro ou a compra.

Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

- Cookies técnicas: son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que en ela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización: son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios na terminal do usuario como por exemplo o idioma, o tipo de navegador a través do que accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise: son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para isto analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que ofrecemos.

Cookies de terceiros: a Web do Consorcio do Louro pode empregar servizos de terceiros que, por conta do Consorcio do Louro, recompilarán información con fins estatísticos, de uso do Site por parte do usuario e para a prestación de outros servizos relacionados coa actividade do Website e outros servizos de Internet.

En particular, este sitio Web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc. con domicilio nos Estados Unidos e con sede central en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043. Para a prestación destes servizos, estes utilizan cookies que recompilan a información, incluída a dirección IP do usuario, que será transmitida, tratada e almacenada por Google nos termos fixados na Web Google.com. Incluíndo a posible transmisión de dita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google.

O usuario acepta expresamente, pola utilización desta web, o tratamento da información solicitada na forma e cos fins anteriormente mencionados. E así mesmo recoñece coñecer a posibilidade de rexeitar o tratamento de tales datos ou información rexeitando o uso de Cookies mediante a selección da configuración axeitada a tal fin no seu navegador, se ben esta opción de bloqueo de Cookies no seu navegador pode non permitirlle o uso pleno de todas a funcionalidades do Website.

Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración do navegador instalado no seu ordenador:

Se ten dúbidas sobre esta política de cookies, pode contactar co equipo do Consorcio do Louro en contacto@consorciodolouro.com