Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Rexistro de actividades de tratamento

Rexistro de actividades de tratamento

 

O artigo 30 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que cada responsable levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúa e coa información indicada a continuación:

  • O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
  • Os fins do tratamento.
  • Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais
  • As categorías dos destinatarios dos datos.
  • As transferencias de datos persoais, se as hai.
  • Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
  • Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.

Así mesmo, segundo regúlase no artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), todas as entidades incluídas no artigo 77.1 desta lei orgánica deberán facer público un inventario dos seus tratamentos no que constará a información establecida no artigo 30 do RXPD e a súa base legal lexitimadora para o tratamento dos datos de carácter persoal.

 

De conformidade con esta normativa, publícase un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo CONSORCIO PARA A XESTIÓN DE AUGAS DO LOURO.