Consorcio Augas do Louro
O Consorcio Local para a xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro, constitúese entre os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia, coa finalidade de prestar os servizos de abastecemento, saneamento e depuración existentes no territorio dos concellos que o integran.
Potabilización
A capacidade de potabilización da auga na ETAP Os Valos (Mos) e na ETAP As Chans (Tui) correspóndese con 250 l/s e 180 l/s respectivamente.
Habitantes
62.440
Os servizos cobren
217km²
Depósitos deabastecimiento
O sistema de abastecemento dispón de 8 depósitos de distribución de auga potable que abastecen as vivendas e o sector industrial.
Estacionesde bombeo
O sistema de saneamento conta con 2 bombeos en alta e 42 bombeo en baixa, os cales garanten a impulsión e a continuidade da vertedura cara a EDAR Guillarei.
Auga residual depurada/ano
16M m3
Canalizacións
1.168km
Depuración
A EDAR Guillarei é a instalación de depuración de augas residuais con capacidade de deseño de 132.266 habitantes equivalentes e un caudal máximo de 3.700 l/s.

Regulamentos
Toda a regulamentación que afecta aos consumidores de auga do Consorcio.

OrdenanzasFiscais
Documentación acerca da normativa fiscal das distintas Administracións, que afecta ao servizo que ofrecemos.
Beneficios sociais e exencións
O Consorcio impulsa medidas de apoio para garantir o acceso ao servizo de auga en condicións de equidade. Coñece as bonificacións e exencións dispoñibles para determinados colectivos e entidades.
Compromiso social e sustentabilidade
Traballamos para ofrecer un servizo público responsable, eficiente e comprometido co benestar das persoas e o desenvolvemento sostible do territorio.
Conservación e protección do medio ambiente
A protección dos recursos hídricos e dos ecosistemas asociados forma parte da nosa actividade diaria, promovendo unha xestión respectuosa coa contorna natural.
Eficiencia enerxética
Impulsamos iniciativas orientadas a optimizar o consumo enerxético e mellorar a sustentabilidade de todas as instalacións e procesos do ciclo integral da auga.
Programas educativos
Desenvolvemos accións de divulgación e educación ambiental para fomentar o coñecemento e o uso responsable da auga entre a cidadanía.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense
Instalacións
Que necesitas saber?
Aquí atoparás algunhas das preguntas máis frecuentes sobre os nosos servizos. Consulta a nosa páxina de preguntas frecuentes para máis información ou contacta connosco aquí
O Consorcio de Augas do Louro está formado polos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui así como pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. Cada unha delas adscribiu ao Consorcio as instalacións existentes neses concellos relacionadas co ciclo urbano da auga e cedéronlle as súas competencias para a explotación e xestión administrativa das mesmas.
As nosas infraestruturas permiten subministrar auga potable de calidade ás poboacións pertencentes aos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui e devolvela en óptimas condicións ao medio ambiente.
No Consorcio de Augas do Louro xestionamos todos os procesos do Ciclo Integral da Auga:
Captación e Tratamento
Distribución
Vertedura e Depuración
Devolución ao Medio
A xestión integral do ciclo urbano da auga engloba dentro dunha única unidade de xestión os traballos necesarios para a captación de auga, a súa potabilización, almacenamento e distribución domiciliaria, os de recollida da auga residual xerada despois do seu uso e o seu transporte ata as estacións de depuración, nas que se eliminan todos os residuos contidos ou transportados na auga. Nese momento, a auga pode ser devolta ao medio receptor e “péchase o ciclo urbano” da auga.
A liquidación das taxas do Consorcio engloba, nun documento único, os importes derivados da prestación dos servizos de abastecemento, alcantarillado e depuración. O importe de cada un destes servizos calcúlase mediante unha cota fixa que reflicte o dereito de uso das instalacións e unha cota variable en función do volume de auga realmente consumido e do número de persoas que viven en cada fogar. Ademais, o recibo da auga inclúe o importe que o Consorcio está obrigado a recadar en favor da Xunta de Galicia en concepto de “canon da auga”.
As tarifas do Consorcio son as mesmas para os catro concellos e aplícanse bimestralmente mediante recibos que se aproban ao mesmo tempo. Para iso, o Consorcio elaborou un padrón de usuarios único.









