O Abastecemento é a primeira fase do ciclo integral de uso da auga. O Consorcio de Augas do Louro abastece actualmente aos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, que en conxunto suman unha población no entorno de 60.000 habitantes, con presenza dunha relevante compoñente industrial. Nesta fase inclúense as seguintes operacións

Ver proceso de abastecemento

Abastecemento de auga


Captación

A fase de abastecemento comeza coa captación da auga no medio natural, que pode realizarse desde un encoro ou directamente desde un curso fluvial. No Consorcio, a ETAP Os Valos abastécese de auga procedente do encoro de Eiras, alimentado polo río Oitavén. Pola súa banda, a ETAP As Chans recibe a auga bruta do río Miño para o seu posterior proceso de potabilización.O encoro de Eiras está formado por unha presa de tipo bóveda e ten unha capacidade de almacenamento de 21 hm³, cunha superficie preto das 149 hectáreas. Desde ese Encoro abastécese á ETAP de Os Valos (Mos), que á súa vez abastece a Mos (parcialmente), O Porriño e Salceda de Caselas.O concello de Tui abastécese captando auga do río Miño a través de unha estación de bombeo de auga potable (E.B.A.P.)  situada en Paramos, que impulsa a auga ata á ETAP de As Chans (Tui).


Tratamento de potabilización:

As dúas principais instalacións de potabilización son a ETAP Os Valos e a ETAP As Chans. No primeiro caso, na ETAP Os Valos, a auga bruta accede á instalación por gravidade a través dunha tubaxe de adución de 600 mm. Nesta instalación recibe tratamento mediante un sistema de filtración composto por seis filtros aéreos de area. Posteriormente, esta auga desinféctase mediante a dosificación dun reactivo denominado cloro gasoso. Tras este proceso, almacénase no depósito de cabeceira para ser enviada cara á rede de distribución. Esta instalación ten unha capacidade de potabilización de 250 l/s.No caso da ETAP As Chans, a auga bruta chega á instalación impulsada por bombeo desde o río Miño. Esta planta dispón de dúas liñas de tratamento independentes, cunha capacidade de potabilización total de 180 l/s. A filtración realízase a presión, impulsando a auga bruta mediante un sistema de bombeo cara os filtros pechados, nos cales existen dúas etapas de filtración. Posteriormente, a auga recibe tratamento de desinfección mediante a dosificación dun reactivo denominado hipoclorito sódico e pasa a ser almacenada no depósito de cabeceira e no depósito de distribución para ser enviada ás redes.

Privacy Preference Center