Estrutura directiva

A estrutura directiva do Consorcio Local para a xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro consta dun Comité Directivo e dunha Xerencia como órganos de goberno.

Comité directivo


É o órgano superior de goberno do Consorcio e está integrado por cinco membros que ocupan a Presidencia, a Vicepresidencia e tres vogais. Catro en representación dos concellos consorciados e un membro da Xunta de Galicia.Os representantes dos concellos consorciados son nomeados por un período de catro anos. E a perda de condición de membro da corporación municipal implica o seu cesamento na representación.A vogalía que representa á Xunta de Galicia, é designada polo Consello da Xunta, de entre os membros integrantes dos órganos de goberno e administración da Administración hidráulica de Galicia.

Presidencia


A presidencia do Consorcio recaerá en quen ostente ese cargo na entidade á que se atope adscrito. Na actualidade o Consorcio está adscrito ao Concello de O Porriño

Vicepresidencia


A vicepresidencia do Consorcio será tamén a do Comité Directivo. O Comité designará á persoa titular da vogalía que corresponda de entre os seus membros, sendo rotatoria cada dous anos, tras a elección da presidencia


Vogais


As vogalías son ocupadas polos tres membros do Comité Directivo que nese momento por circunstancias da orde de prelación establecida non ocupan os cargos de Presidencia nin de Vicepresidencia.

Xerencia


A materialización dos acordos do Comité Directivo e o control do funcionamento do Consorcio é responsabilidade do xerente, a cuxo cargo se atopan os traballadores que constitúen o capital humano que permite o funcionamento administrativo, económico e técnico do Consorcio.A xerencia atópase baixo a inmediata dirección e dependencia da persoa titular da Presidencia do Comité Directivo.

Privacy Preference Center