Beneficios sociais e exencións

Enuméranse a continuación os casos ou circunstancias nos que se puideran atopar tanto as persoas como entidades e que debido a iso puideran beneficiarse obtendo beneficios e exencións fiscais no que respecta ao pagamento dos servizos prestados polo Consorcio do Louro. Para os tres primeiros casos, é a administración tributaria a competente para o establecemento do modelo normalizado de solicitude e no que respecta á súa recepción, tramitación e resolución.

  • Será de aplicación unha dedución do 50% sobre a cota tributaria íntegra ás familias numerosas.
  • Aplícase a concesión de exencións a aquelas persoas que se atopen nunha situación de exclusión social.
  • As entidades de iniciativa social son susceptibles de que se lles aplique a concesión de exencións.
  • Están exentas do pagamento da taxa por abastecemento ou subministracións domiciliarias de auga potable, as instalacións deportivas de titularidade municipal.

Conservación e protección do medio ambiente

O Consorcio Augas do Louro, baseándose tanto en principios de sostibilidade como de eficiencia, considera un principio fundamental da súa actuación, o xestionar os aspectos ambientais da súa actividade a través dunha xestión orientada a responder cos criterios internacionais para iso establecidos. Por iso, faise obrigatorio marcarse obxectivos medioambientais que contemplen entre outros, os puntos desenvolvidos aquí.

Na actualidade, estase a implantar un sistema de calidade e xestión medioambiental conforme ás Normas UNE-EN-ISO 9.001 e 14.001 que permita asegurar o control dos procesos e as calidades da auga potable abastecida e da auga residual restituída ao medio natural unha vez depurada.Por outra banda, un dos principios inspiradores da actividade do Consorcio é a boa práctica en temas medioambientais, que se concreta en aspectos como os seguintes:A E.D.A.R. de Guillarei é unha instalación autorizada como xestor dos seguintes residuos: lodos de fosas sépticas (LER 200304), residuos da limpeza de redes de saneamento (LER 200306), lodos do tratamento in situ de efluentes (LER 020204) e lodos do tratamento de augas residuais urbanas (LER 190805).Así, asegúrase a correcta xestión dos residuos procedentes da limpeza das fosas sépticas dos habitantes do Consorcio así como dos residuos xerados na limpeza das redes de saneamento. O biogás xerado no proceso de dixestión anaerobia da E.D.A.R. de Guillarei emprégase como combustible para manter a temperatura que require o dixestor, e adicionalmente para co-xerar enerxía eléctrica de modo que dita instalación produce o 30% do total da enerxía que consome anualmente.

Eficiencia enerxética

A auga é un elemento indispensable para o desenvolvemento das nosas vidas. Mais, a súa natureza é escasa e por iso debemos protexela ao máximo nivel que a nosa actuación nos permita. A adecuada xestión deste ben natural convértese nun reto. Nun desafío que nos afecta a todos e o cal debemos aprender a coidar e a aproveitar.

Tendo todo isto claro, o Consorcio de Augas do Louro márcase como un dos seus principais obxectivos o traballar en fomentar unha conciencia clara e de marcado carácter ambiental sobre o uso racional dos recursos hídricos. Tanto no que respecta a fomentar unha boa utilización deste ben escaso por parte dos cidadáns, como tamén velar para que exista o menor número posible de fugas na rede e evitar fraudes relacionados coa subministración de auga.

A demanda de auga crece de xeito constante, de aí que se faga imprescindible racionalizar o seu uso e devolvela á natureza nas condicións adecuadas para que poida ser reutilizada. No Consorcio de Augas do Louro esforzámonos por mellorar a xestión deste recurso e facelo chegar en condicións de garantía para o seu uso posterior. Unha vez utilizada, traballamos para devolvela aos ríos e ao mar en condicións que aseguren a preservación do medio ambiente.

Entre os obxectivos do Consorcio atópase a autosuficiencia enerxética, mediante a procura do equilibrio entre o consumo e a xeración de enerxía utilizando recursos propios. Para iso implementamos unha política de aforro enerxético en todos os ámbitos de xestión e promovemos a eficiencia hidráulica en todos os procesos do ciclo.

O Consorcio puxo en marcha un sistema de optimización do uso da enerxía mediante a identificación, a análise, a parametrización e a actuación sobre os elementos enerxéticos que interveñen de forma directa na xestión do ciclo integral da auga.

Os encoros nos que se almacenan as reservas de auga do Consorcio compórtanse como ecosistemas naturais. Esta circunstancia condiciona a súa utilización para a potabilización e fai necesario un seguimento continuo tanto das características da auga como das incidencias ambientais que poidan producirse na conca. Garantir unha auga de orixe de boa calidade favorece o seu tratamento e contribúe a unha xestión eficiente e sostible do recurso hídrico.

Outro dos principios inspiradores da actividade do Consorcio é lograr a maior eficiencia enerxética en cada unha das súas instalacións. Entre as actuacións realizadas destacan a instalación de variadores de frecuencia, o axuste das cotas de traballo das bombas, a optimización da idade de lodo nas E.D.A.R., a mellora da codixestión na E.D.A.R. de Guillarei e a optimización dos contratos de enerxía eléctrica.As actividades de I+D+i desenvolvidas na E.D.A.R. de Guillarei teñen como elemento común a procura dunha maior eficiencia enerxética e a mellora continua dos procesos asociados ao ciclo integral da auga.

Programas educativos

Un dos obxectivos principais do Consorcio é informar e sensibilizar aos usuarios a través de campañas de concienciación cidadá sobre o consumo responsable dos recursos hídricos que temos ao noso alcance.Entre outras, estas accións contemplarán a involucración de centros escolares, a organización de visitas ás instalacións do Consorcio, fundamentalmente plantas de tratamento de auga potable e EDAR. Tamén se contempla a realización de buzoneos de folletos con información orientada ao bo uso e consumo da auga por parte dos usuarios e a posta en marcha de campañas de publicidade en radio, prensa, exterior, etc.

Consorcio educa

Privacy Preference Center