Os servizos ofrecidos polo Consorcio do Louro agrúpanse baixo dúas etapas ou fases do tratamento das augas: en primeiro lugar o abastecemento, que abarca as fases de captación, tratamento, transporte e almacenamento e distribución; e en segundo lugar, o saneamento das augas, consistente na recollida, interceptación e transporte, depuración e restitución, devolvendo a auga utilizada tratada dunha forma adecuada para volver a formar parte dos ríos.
Sistema de abastecemento
O Abastecemento é a primeira fase do ciclo integral de uso da auga. O Consorcio de Augas do Louro abastece actualmente aos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, que en conxunto suman unha población no entorno de 60.000 habitantes, con presenza dunha relevante compoñente industrial. Nesta fase inclúense as seguintes operacións
O saneamento é a parte do ciclo urbano da auga que abrangue a recollida de augas residuais urbanas e industriais mediante unha rede de sumidoiros, co obxectivo de transportar o caudal ata as instalacións de tratamento (EDAR, ou estacións depuradoras de augas residuais).