Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Entidade

O  Consorcio Local para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro constitúese entre os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia, coa finalidade de prestar os servizos de abastecemento, saneamento e depuración existentes no territorio dos concellos que o integran.

Contémplase a posibilidade de incorporar novos concellos cando por razóns administrativas, técnicas ou económicas puidese ser aconsellable e seguindo para iso o procedemento específico establecido.

O Consorcio goza de personalidade xurídica propia e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus obxectivos específicos e é creado con carácter permanente dados os fins que motivaron a súa constitución.

E que son por unha parte os relacionados coa prestación dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración e a xestión dos subscritores a estes servizos, e pola outra, a percepción dos ingresos derivados como consecuencia da prestación.

O Consorcio organízase a través dos seus dous órganos de goberno: o Comité Directivo e a Xerencia. Dependendo o segundo da dirección e da persoa titular da Presidencia do Comité Directivo.

A sede principal do Consorcio atópase situada na EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de Guillarei, Camiño da Veiga, s/n, Tui (Pontevedra).