Estrutura directiva
A estrutura directiva do Consorcio Local para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro consta dun Comité Directivo e dunha Xerencia como órganos de goberno.
Comité directivo
É o órgano superior do goberno do Consorcio e está integrado por cinco membros que ocupan a Presidencia, a Vicepresidencia e tres vogais. Catro en representación dos concellos consorciados e un membro da Xunta de Galicia.
Os representantes dos concellos consorciados son nomeados por un período de catro anos. E a perda de condición de membro da corporación municipal implica o seu cese na representación.
A vogalía que representa á Xunta de Galicia é designada polo Consello da Xunta, entre os membros integrantes dos órganos de goberno e administración da Administración hidráulica de Galicia.
Presidencia
A Presidencia do Consorcio ten carácter rotatorio por un período de dous anos e se designa coa seguinte orde de prelación:
- Vogal do Comité Directivo que representa á Xunta de Galicia.
- Vogais do Comité Directivo que representan aos concellos consorciados e designados por orde decrecente de poboación do territorio ao que representan.
Vicepresidencia
O Comité Directivo designa como Vicepresidente á persoa titular da vogalía que corresponda segundo a mesma orde establecida para a Presidencia e unha vez que esta fose elixida.
Vogais
As vogalías son ocupadas polos tres membros do Comité Directivo que nese momento por circunstancias da orde de prelación establecido non ocupan os cargos de Presidencia nin de Vicepresidencia.
Xerencia
A materialización dos acordos do Comité Directivo e o control do funcionamento do Consorcio é responsabilidade do xerente, a cuxo cargo se atopan os traballadores que constitúen o capital humano que permite o funcionamento administrativo, económico e técnico do Consorcio.
A xerencia áchase baixo a inmediata dirección e dependencia da persoa titular da Presidencia do Comité Directivo.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense