Reactor ELAN
Noticias e publicacións
- Mér, 21/10/2015 - 11:38
- Anónimo
No marco de diversos proxectos de I+D+i desenvolvidos principalmente na E.D.A.R. de Guillarei, FCC aqualia desenvolveu coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo unha tecnoloxía para eliminar de forma eficiente o nitróxeno contido nos retornos da liña de lodo, baseada nas bacterias Anammox e que foi denominada ELAN (Eliminación Autótrofa de Nitróxeno) e patentada a nivel europeo (EP 2740713 A1 “Method for starting up and controlling a biological process for ammonium removal by the action of autotrophic bacteria in wastewater”).
A nivel práctico, dita investigación concretouse na execución do proxecto “Eliminación autótrofa de nitróxeno na EDAR de Guillarei (Tui) OH.336.1052”, promovido polo Ente Público Empresarial Augas de Galicia e adxudicado a FCC aqualia o 27/03/2015 por importe de 241.979,84€. As obras de construción das distintas unidades desenvólvense a partir de mediados de 2014, estando previsto recibir a obra en outubro de 2015.
A tecnoloxía permite a eliminación de nitróxeno na corrente de saída do dixestor anaerobio, reducindo nun 60% a demanda de osíxeno en un 90% a produción de lodo asociado ao tratamento de dita corrente.
Figura 1. Esquema do proceso nitrificación parcial-anammox nunha unidade con biomasa granular (BOA=bacterias oxidantes de amonio).
Figura 2. Formación de biomasa granular na planta piloto ELAN®.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense