Telecontrol de instalacións
Noticias e publicacións
- Xov, 15/10/2015 - 11:38
- Anónimo
O Consorcio de Augas do Louro iniciou a posta en marcha dun sistema de telesupervisión de depósitos que mediante un acceso web, permite o control en tempo real do estado de cada depósito de abastecemento indicando datos de nivel, concentración de cloro libre residual e caudal de auga instantáneo.
No ano 2014, instalouse a telesupervisión nos depósitos da ETAP de As Chans, Matelo e Frinxo, no Concello de Tui; Bouzavedra, no Concello de Salceda de Caselas e A Risca, no Concello de O Porriño cunha inversión total de 35.045,26€.
Ao longo do ano 2015, completarase a telesupervisión nos depósitos de As Pedriñas, Lar e San Antoniño no Concello de Mos cunha inversión prevista de 9.377,50€.
Tamén mellorou o sistema de telecontrol da ETAP de As Chans (Tui) e desenvolverá un novo na ETAP de Os Valos (O Porriño), permitindo a operación a distancia en ambas estacións de tratamento.
O obxectivo prioritario do Consorcio é automatizar o funcionamento das instalacións de abastecemento e saneamento e establecer un centro de control de mando na EDAR de Guillarei, sede do Consorcio de Augas do Louro, permitindo axilizar a toma de decisións e garantir a calidade do servizo prestado aos cidadáns.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense