Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O CONSORCIO AUGAS DO LOURO E AQUALIA ACTIVAN AS MEDIDAS DE PREALERTA NO ABASTECEMENTO E FAN UN CHAMAMENTO PARA O USO RESPONSABLE DA AUGA

Hoxe é un bo día para aforrar uns litros de auga, mañá poderemos necesitalos.

Os efectos do cambio climático seguen facéndose sentir na nosa Comunidade, onde Augas de Galicia e a CHMS decretaron o estado de prealerta no abastecemento, polo escaso caudal circulante nos ríos e o nivel de reservas nos encoros de abastecemento á poboación.

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia activaron o Plan de Emerxencias en contra a seca nos catro concellos que xestionan, Mos, Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Estas medidas tamén afectan aos concellos que se abastecen desde as instalacións do Consorcio, Tomiño, Rosal e A Guarda.

Faise un chamamento para que tanto concellos como cidadáns particulares procedan a activar medidas para reducir o consumo, como a restrición de regos, evitar o lavado innecesario dos coches, limitar o recheo de piscinas ou reutilizar a auga para outros traballos e evitar así problemas maiores na época na que nos adentramos, cando chove menos e aumenta a demanda de auga.

As medidas adoptadas nunha situación de prealerta pretenden anticiparse a un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a concienciación dos concellos e cidadáns en xeral sobre a necesidade de facer un consumo responsable da auga.

Con só uns pequenos xestos diarios podemos axudar a coidar e consumir a auga de xeito responsable.

Practica e comparte estes consellos:

  • Asegúrese de PECHAR BEN A BILLA, non deixe que gotee. Aforro 30L/día.

  • Escolle DUCHA en lugar de baño. 60 L de aforro.

  • Se deixas correr a auga para que arrefríe ou quente, recóllea nun recipiente e ÚSAO para outros usos. Aforro de 15 a 25 l/min.

  • Pecha a auga da ducha mentres enxaboas ou lavas o cabelo. Aforro 150 L.

  • Pecha a billa mentres te lavas os dentes. Aforro 5/10 L/min.

  • LAVAR froitas e verduras nun recipiente. Aforro de 15 a 25 l/minuto.

  • Utilizar a LAVADORA totalmente cargada. Aforrando 200 l por cada lavado.

  • Non use o WC como papeleira e tire a cadea só cando sexa necesario.20 L de aforro.

  • Minimizar o rego dos xardíns axustando o máximo posible o consumo.

Ficheiros adxuntos: 

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Esta pregunta serve para comprobar se es ou non un visitante humano e para evitar envíos automáticos de spam.