Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » O COMITÉ DO CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO APROBA OS SEUS ORZAMENTOS PARA 2023
O COMITÉ DO CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO APROBA OS SEUS ORZAMENTOS PARA 2023
Noticias e publicacións
- Mér, 01/03/2023 - 09:15
- leberinde
- Os orzamentos, os primeiros aprobados dende 2016, ascenden a 4.266.200 de euros
O Comité do Consorcio de Augas do Louro arranca este ano cuns novos orzamentos aprobados de maneira definitiva o pasado mes de novembro. As contas aprobadas polo Comité ascenden a 4.266.200 euros. Dita contía procede en exclusiva da previsión de ingresos procedentes de taxas, prezos públicos e outros ingresos, e na mesma xa se ten en conta a minoración dos ingresos procedentes da aplicación da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público para baleirado de pozos negros e fosas sépticas domésticas, limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros e traslado de lodos.
No seu obxectivo de regularizar o funcionamento das institucións, o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo, amosouse satisfeito por lograr a aprobación duns orzamentos da entidade por primeira vez dende o ano 2016.
Trátase dunha folla de ruta económica baseada no control do gasto público e a procura da eficiencia e a eficacia na xestión do Consorcio, o que se reflicte no compromiso coa estabilidade orzamentaria, coa sustentabilidade financeira así como coa limitación do gasto non financeiro do Consorcio.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense