Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O CONSORCIO DO LOURO NON COBRARÁ AS TAXAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO ÁS VIVENDAS AFECTADAS POLA EXPLOSIÓN DE TUI

Atendendo a solicitude do Concello de Tui, e en base á relación de vivendas afectadas facilitado polo servizo de urbanismo dese Concello, o Comité Directivo do Consorcio do pasado luns acordou por unanimidade tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión do material pirotécnico de Paramos do pasado 23 de maio. Deste xeito, os veciños afectados non terán que facer fronte ó pago do recibo de maio-xuño de 2018 nin dos seguintes e mentres que as vivendas afectadas non estean rehabilitadas e volvan a ser habitables.

O Consorcio informa ademais que o último recibo emitido a estas vivendas corresponde co bimestre marzo-abril, período no que as vivendas non puideron verse afectadas pola explosión. O Consorcio mantén ao dispor dos usuarios as oficinas situadas nos catro concellos, o teléfono de atención 24 horas 900810103 e a súa sede electrónica para presentar calquera solicitude, consulta ou reclamación.