O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia fan entrega dos premios do 8º Concurso de Debuxo Infantil
Noticias e publicacións
- Ven, 04/07/2025 - 20:32
- leberinde
O pasado 3 de xullo de 2025, nas instalacións da depuradora EDAR de Guillarei, o Consorcio de Augas do Louro, xunto con Aqualia, fixeron entrega dos premios da 8ª edición do seu Concurso de Debuxo Infantil, que este ano se desenvolveu baixo o lema “Os gardiáns sostibles na rexeneración: o planeta precisa o súper poder da túa imaxinación”.
No acto estiveron presentes os alcaldes e representantes dos catro municipios implicados:
- Alejandro Lorenzo, presidente do Consorcio e alcalde de O Porriño.
- Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, acompañada de Camilo Grandal, tenente de alcalde.
- Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas.
- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
Acompañáronlles ademais, representantes de Aqualia e do Consorcio, implicados activamente na organización e desenvolvemento do concurso.
Gañadores e finalistas por concello:
MOS
- Erick Dávila Barros, do colexio Mestre Martínez Alonso (Gañador)
- Evolet Fernández Veiga, do colexio Mestre Martínez Alonso (Finalista)
- Alba Pintos Lago, do colexio Mestre Martínez Alonso (Finalista)
O PORRIÑO
- Meriam Ziloul Melloaki, do CEIP Ribeira (Gañadora)
- Vera Pérez Ferreira, do colexio José Fernández López (Finalista)
- Mario Romeropérez, do colexio Hns Quiroga (Finalista)
SALCEDA DE CASELAS
- Iciar Martínez Coto, do CEP Altamira (Gañadora)
- Alejandro Díaz Martínez, do CEP Altamira (Finalista)
- Sabela Gándara Iglesia, do CEP Altamira (Finalista)
TUI
- Alicia Alonso González, do colexio Maristas (Gañadora)
- Martina Pintos Fernández, do colexio Maristas (Finalista)
- Daniel Blanco Miguelez, do colexio Nº2 (Finalista)
Deste xeito, docentes, familias e participantes foron recoñecidos polo seu compromiso no coidado do medio ambiente, a eles queremos agradecerlles encarecidamente a súa colaboración.
O presidente do Consorcio e alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que esta iniciativa supón “unha maneira lúdica de concienciar aos máis pequenos no uso responsable da auga, dando a coñecer a importancia deste recurso e as claves para protexer a biodiversidade”.
En similitude, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, xunto a Loli Castiñeira (Salceda de Caselas) e Enrique Cabaleiro (Tui), resaltaron o talento artístico dos nenos e o seu compromiso coa sustentabilidade, así como o propósito de implicar ás familias e aos centros educativos nestas campañas formativas.
- Cada gañador recibiu unha tablet de 8 polgadas.
- Os finalistas foron agasallados cun reloxo dixital.
O concurso contou con máis de 254 obras presentadas, procedentes dos centros de 3º e 4º de Primaria dos catro municipios, reforzando valores de sustentabilidade e protección do planeta entre os máis novos.
Rematouse o acto cunha mención á curiosidade e creatividade infantil, valores que, segundo manifestaron, son os verdadeiros superpoderes para construír un futuro máis sostible.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense