Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » Medio millar de escolares participaron nas actividades do Consorcio do Louro para aprender sobre a importancia da auga
Medio millar de escolares participaron nas actividades do Consorcio do Louro para aprender sobre a importancia da auga
Noticias e publicacións
- Mér, 01/04/2026 - 09:41
- leberinde
Ata xuño está aberto o prazo para participar no concurso de debuxo que servirá para elaborar o calendario do Consorcio de 2027
O Consorcio Augas do Louro e Aqualia pecharon dúas semanas de intensa actividade divulgativa nas que participaron medio millar de nenas e nenos de diferentes centros educativos dos catro Concellos que conforman o Consorcio: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.
Así, durante estas semanas levouse a cabo a actividade “Os gardiáns sostibles no misterio do fío azul”, que lanza ademais un concurso de debuxo cuxos gañadores daranse a coñecer aínda no mes de xuño.
Este 9º Concurso anual de debuxo está destinado a todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3º e 4º curso de primaria nos Concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos. O prazo de presentación será o comprendido entre o 22 de marzo de 2026, Día Mundial da Auga e o 5 de xuño de 2026, día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos e nenas teñen que deseñar un cartel sobre o coidado da auga e do medio, para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e mellorar o noso mundo.
Poden acadar os seguintes premios: o gañadaor de cada concello recibirá unha tablet; os dous finalistas de cada concello, recibirán un reloxo dixital.
O nome dos gañadores publicarase na páxina web do Consorcio Augas do Louro a partir do 5 de xuño de 2026. Os debuxos gañadores serán os utilizados no calendario do Consorcio para o ano 2027.
Esta actividade está dirixida a escolares de 3º e 4 de primaria dos centros educativos do ámbito do Consorcio, e iniciouse cunha actividade que consiste na presentación do ciclo urbano da auga e a importancia deste recurso, por medio varios xogos guiados que buscan dar a coñecer a importancia da implicación persoal no coidado da auga. A actividade péchase co rap da auga en que todos os participantes cantan acompañados de representantes dos Concellos, do Consorcio e de Aqualia.
"Esta cativada é o noso futuro, e deles depende conservar o recurso máis valioso que temos: a auga”, asegura o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo.
Dende o Consorcio e Aqualia agradecen a colaboración e implicación dos centros educativos dos 4 concellos e aos máis de 500 nenos e nenas que formaron parte desta aventura.
Descarga aquí o comic: O Misterio do Fio Azul
Xornada de portas abertas
Ademais, para achegar o traballo do Consorcio á cidadanía, o domingo 22 celebrouse unha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei na que os visitantes coñeceron os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizarse sobre o problema da contaminación da auga e concienciarse sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense







