Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

5ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMIPICO"

O Consorcio de Augas do Louro retoma a 5ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL con motivo do Día Mundial da Auga e nesta ocasión baixo o lema AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMIPICO. O Consorcio de Augas do Louro, na súa aposta por potenciar a creatividade dos máis cativos e intensificar a súa función didáctica, invita ós rapaces dos concellos de Porriño, Tui, Mos e Salceda de Caselas que cursen 3º e 4º Primaria, a participar e a súa vez, a aprender dunha maneira divertida, A EMOCIONANTE VIAXE DA AUGA DENDE A NATUREZA ATA A TÚA VIVENDA. Os nenos poderán participar dende o 4 de Abril ata o 4 de Maio e optar ós seguintes premios: • 1º Premio: 1 Tablet Samsung 8”, para o neno gañador do concurso no seu Concello. • 2º e 3º Premio: 2 reloxos dixitais para o 2º e 3º clasificado do seu Concello. Os nomes dos nenos gañadores comunicaránse a partir do 5 de Xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, nas oficinas do Consorcio, nos Concellos e aquí ,nosa páxina web.