Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » Acreditación de sistema de calidade
Acreditación de sistema de calidade
Noticias e publicacións
- Mar, 20/10/2015 - 09:49
- Anónimo
A UTE Consorcio Louro iniciou no ano 2014 o proceso de implantación das normas ISO 9001 e ISO 14001 ao seu sistema de xestión.
Este fito supuxo un importante esforzo documental e persoal, cun obxectivo final que é a obtención da certificación por parte de AENOR nas ISO 9001 e 14001 no ano 2015.
O alcance de ambos certificados abrangue todos os procesos do ciclo integral da auga:
- ADUCIÓN (captación, transporte, tratamento e almacenamento).
- ABASTECEMENTO (distribución, control e execución de acometidas, control analítico da auga de consumo humano segundo R.D. 140/2003 –exame organoléptico, análise de control, análises completos, control billa de consumidor–).
- SANEAMENTO (rede de sumidoiros, depuración e control analítico en depuración).
- XESTIÓN DE CLIENTES a través de oficinas comerciais e un centro de atención telefónico.
Procedeuse a pasar tanto unha Auditoría previa Interna (maio 2015) coma a Auditoría de Certificación (setembro 2015) ambas superadas satisfactoriamente, polo que se está a espera da entrega de ambos certificados por parte de AENOR.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense