Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Ampliamos o período de votacións do I Concurso de debuxo infantil ‘O ciclo da auga, unha aventura para valentes’

O pasado domingo 22 de maio pechouse o prazo de presentación de debuxos para participar no I Concurso de Debuxo Infantil ‘O ciclo da auga, unha aventura para valentes’.

Entre todos os debuxos participantes, realizouse unha preselección de seis debuxos por Concello participante (O Porriño, Salceda de Caselas, Tui e Mos). Deles sairán os nomes do gañador e dous finalistas de cada Concello.

Os membros do Comité Directivo elixirán ao gañador de cada Concello e a votación popular elixirá aos dous finalistas de cada Concello ata o vindeiro domingo 5 de xuño. Para poder votar, é necesario acceder á páxina de Facebook do Consorcio de Augas do Louro e entrar na aplicación creada para a ocasión. Alí estarán publicados os 24 debuxos preseleccionados e cada usuario poderá votar polos seus favoritos desde hoxe, día 30 de maio, ata o domingo 5 de xuño.

O vindeiro luns 6 de Xuño coñecerase o nome dos gañadores e finalistas na páxina web www.consorciodolouro.es, nas oficinas do Consorcio en cada Concello e nos propios Concellos.