Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » AS TRAÍDAS DE AUGA REÚNENSE COS CONCELLOS DO CONSORCIO DO LOURO PARA ANALIZAR OS TRÁMITES DE RENOVACIÓN DE CONCESIÓNS
AS TRAÍDAS DE AUGA REÚNENSE COS CONCELLOS DO CONSORCIO DO LOURO PARA ANALIZAR OS TRÁMITES DE RENOVACIÓN DE CONCESIÓNS
Noticias e publicacións
- Xov, 07/09/2017 - 10:31
- Anónimo
Os alcaldes dos catro Concellos que forman parte do Consorcio de Augas do Louro veñen mantendo, dende principios de xullo, diversas reunións con representantes da Comunidade Xeral de Augas de Galicia (COXAPO), asociación que representa a preto de 70.000 membros das traídas de auga, co obxectivo de analizar pormenorizadamente o contido dos informes necesarios para tramitar a renovación das concesións outorgadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, así como para estudar posibles adaptación nas ordenanzas do Consorcio que detallen determinados aspectos da prestación do servizo de abastecemento a través deste ente instrumental da Administración Local.
Á primeira das reunións asistiron representantes do Concello de Tui, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e de Augas de Galicia.
Posteriormente, COXAPO reuniuse individualmente cos alcaldes de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.
No día de hoxe, mantívose unha nova reunión na sede do Consorcio na que se estableceron unha serie de liñas de traballo a repartir entre as partes.
En tódalas reunións tanto os Concellos como o Consorcio e COXAPO mostraron a súa plena disposición para traballar coordinadamente en aportar a información necesaria para renovar os permisos da auga.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense