Novidade: envío de recibos en formato PDF
Noticias e publicacións
- Lun, 13/10/2025 - 09:21
- leberinde
Xunto co recibo correspondente ao 4º bimestre de 2025, o cal foi enviado o día 10 de outubro do presente ano a todos os usuarios que teñen activado o envío de recibos por correo postal, incluíuse unha carta informando da posibilidade de activar o servizo de envío de recibos en formato PDF ao correo electrónico que desexen facilitarnos. A continuación pode observarse o contido da comunicación:
Có fin de axilizar os trámites e de que vostede poida dispoñer da súa factura de auga da maneira máis rápida, cómoda e segura posible, poñemos no seu coñecemento que pode solicitar, de forma totalmente gratuíta, recibir as súas facturas directamente no seu correo electrónico. A factura enviada ao seu correo electrónico achegaralle moitísimas vantaxes tanto a vostede como ao medio ambiente. Vantaxes como unha maior seguridade, celeridade e certeza no envío e recepción das súas facturas, unha maior confidencialidade, facilidade de arquivo e consulta, asegurar a lexibilidade ao dispoñer sempre de documentos orixinais e, ao mesmo tempo, contribuír ao desenvolvemento sustentable e respecto ao medio ambiente ao usar un soporte limpo e non contaminante.
Tan só ten que facilitarnos o seu correo electrónico enviándonos un e-mail a contacto@consorciodolouro.es indicando o nº de contrato (últimos 5 díxitos dos DATOS DO SERVIZO), nome e apelidos do titular e dirección de e-mail onde desexa recibir a súa factura electrónica, chamando ao Centro de Atención ao Cliente do Consorcio (900 810 103) ou acudindo a calquera das oficinas que o Consorcio ten en Mos, Salceda, Tui ou O Porriño e poderá dispoñer deste eficaz servizo a partir da próxima factura, coa mesma validez fiscal e legal que a factura convencional.
Desde o Consorcio de Augas do Louro queremos dar as grazas a todos e cada un dos usuarios pola súa colaboración, que nos axuda a mellorar o servizo e a coidar do noso medio ambiente. Xuntos facemos posible un futuro máis sostible.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense