Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebraron o Día Mundial da Auga cunha semana chea de actividades na que participaron máis de 700 persoas

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia pechan unha semana de intensa actividade divulgativa. Leváronse a cabo actividades nos catro Concellos que conforman o Consorcio.

Durante a semana levouse a cabo a actividade Misión Sostible: acción salvar o planeta, esta actividade lanza o concurso de debuxo anual do Consorcio.
 
Dirixida a escolares de 3º e 4 de primaria dos centros educativos do Consorcio, a actividade consiste na presentación do ciclo da auga e a importancia deste recurso, por medio de fichas didácticas e dun xogo de tarxetas.
Seguidamente, falamos da posibilidade de tirar polo sanitario diferentes elementos nun xogo de preguntas e reopostas.
 
A seguinte parte da actividade, supon a explicación da depuración da auga que chega a unha EDAR, dende a entrada da auga, pretratamento, decantación primaria o procesado biolóxico, o UV ata a saída da auga. Cada un dos procesos será recreado mediante un xogo, que fixará os diferentes conceptos no alumnado ao comprender, de forma lúdica, o seu funcionamiento.
 
Trala finalización dos xogos de depuración, cada alumno e alumna realizará nunha folla a explicación do seu "compromiso coa auga", que levarán para a súa casa para ser conscientes da necesidade e da súa importancia e implicar á familia á súa chegada ao fogar.
Por último, realizarase unha proba de medición de cloro das augas, para ensinarlle ao alumnado a parte química e que comprendan que na auga existen compostos que axudan á súa potabilidade, para darlle valor á mesma, contribuindo a crear unha forma de vida máis eficiente.
 
A actividade péchase co rap da auga en que todos os participantes cantan acompañados de representantes dos Concellos, do Consorcio e de Aqualia.
 
A semana comenzou o luns en Mos, continuando o martes en Salceda e o mercores en Tui para finalizar o venres en Porriño.
 
O sábado pecháronse as actividades cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei na que os participantes coñeceron os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizarse sobre o problema da contaminación da auga e concienciarse sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente. Realizáronse tres turnos de visitas incluido un específico para menores de 12 anos.
 
Galería: