Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O Consorcio de Augas do Louro adiántase aos obxectivos europeos e acada un récord de autoconsumo enerxético en 2025

A EDAR de Guillarei camiña cara á neutralidade enerxética con paso firme.

A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, adscrita ao Consorcio Augas do Louro e xestionada por Aqualia, acadou un importante fito en sostibilidade enerxética: durante o primeiro semestre de 2025, a planta logrou cubrir o 50% do seu consumo enerxético mediante fontes renovables propias, marcando un récord de autoconsumo.

Este resultado foi posible grazas a dúas fontes principais de xeración enerxética:

  • Produción de 244.502 kWh de enerxía solar fotovoltaica mediante os paneis instalados na depuradora.
  • Xeración de 868.575 kWh a partir do biogás obtido no proceso de dixestión anaerobia dos lodos de depuración, utilizado como combustible no motor de cogeneración da planta.

Grazas a esta produción de enerxías renovables, a EDAR evitou a emisión de aproximadamente 257.121 quilogramos de CO₂ á atmosfera, contribuíndo de forma significativa á loita contra o cambio climático.

Este avance sitúa ao Consorcio de Augas do Louro como referente na transición enerxética do sector da auga, adiantándose aos obxectivos establecidos pola Directiva Europea 2024/3019, que esixe que as depuradoras de augas residuais urbanas cubran polo menos o 30% do seu consumo con renovables para 2030. Guillarei non só superou ese limiar cinco anos antes, senón que xa se achega ao seguinte obxectivo intermedio do 60% previsto para 2040.

“Este récord demostra que a neutralidade enerxética no tratamento de augas residuais non é unha meta afastada, senón unha realidade alcanzable con compromiso e tecnoloxía”.

— Presidente do Consorcio

A EDAR de Guillarei continúa traballando para mellorar a súa eficiencia, avanzar cara á neutralidade enerxética total antes de 2045 e consolidar un modelo de economía circular na xestión da auga.