Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia conciencian a máis de 600 escolares nunha campaña educativa polo coidado da auga

Con obradoiros, visitas á EDAR de Guillarei, música e un concurso de debuxo, a iniciativa conmemora o Día Mundial da Auga fomentando o compromiso ambiental nas novas xeracións.

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia pechan dúas semanas de intensa actividade divulgativa. Leváronse a cabo actividades nos catro Concellos que conforman o Consorcio, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.

Durante estas semanas levouse a cabo a actividade Os gardiáns sostibles na RExenerACCIÓN, esta actividade lanza o concurso de debuxo anual do Consorcio.

Dirixida a escolares de 3º e 4 de primaria dos centros educativos do Consorcio, a actividade consiste na presentación do ciclo urbano da auga e a importancia deste recurso, por medio varios xogos guiados que buscan dar a coñecer a importancia da implicación persoal no coidado da auga.

A actividade péchase co rap da auga en que todos os participantes cantan acompañados de representantes dos Concellos, do Consorcio e de Aqualia.

Participaron máis de 600 estudantes dos catro Concellos, o Consorcio e Aqualia queren agradecer aos Concellos e aos centros educativos a súa colaboración e implicación.

O sábado 22 celebrouse unha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei na que os visitantes coñeceron os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizarse sobre o problema da contaminación da auga e concienciarse sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.

O 8º Concurso anual de debuxo está destinado a todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3º e 4º curso de primaria nos Concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos. O prazo de presentación será o comprendido entre o 22 de marzo de 2025, Día Mundial da Auga o 5 de xuño de 2025, día Mundial do Medioambiente. Os nenos e nenas teñen que deseñar un cartel sobre o coidado da auga e do medio, para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e mellorar o noso mundo. Concederanse os seguintes premios:

  • Un premio para o gañador de cada concello: cada gañador recibirá unha Tablet
  • Un premio para os dous finalistas de cada concello, que consistirá nun reloxo dixital.

O nome dos gañadores publicarase na páxina web do Consorcio Augas do Louro a partir do 5 de xuño de 2025.

Os debuxos gañadores serán os utilizados no calendario do Consorcio para o ano 2026.

Edar de Guillarei