Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia fan entrega dos premios do 8º Concurso de Debuxo Infantil

O pasado 3 de xullo de 2025, nas instalacións da depuradora EDAR de Guillarei, o Consorcio de Augas do Louro, xunto con Aqualia, fixeron entrega dos premios da 8ª edición do seu Concurso de Debuxo Infantil, que este ano se desenvolveu baixo o lema “Os gardiáns sostibles na rexeneración: o planeta precisa o súper poder da túa imaxinación”.

No acto estiveron presentes os alcaldes e representantes dos catro municipios implicados:

  • Alejandro Lorenzo, presidente do Consorcio e alcalde de O Porriño.
  • Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, acompañada de Camilo Grandal, tenente de alcalde.
  • Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas.
  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.

Acompañáronlles ademais, representantes de Aqualia e do Consorcio, implicados activamente na organización e desenvolvemento do concurso.

Gañadores e finalistas por concello:

MOS

  • Erick Dávila Barros, do colexio Mestre Martínez Alonso (Gañador)
  • Evolet Fernández Veiga, do colexio Mestre Martínez Alonso (Finalista)
  • Alba Pintos Lago, do colexio Mestre Martínez Alonso (Finalista)

O PORRIÑO

  • Meriam Ziloul Melloaki, do CEIP Ribeira (Gañadora)
  • Vera Pérez Ferreira, do colexio José Fernández López (Finalista)
  • Mario Romeropérez, do colexio Hns Quiroga (Finalista)

SALCEDA DE CASELAS

  • Iciar Martínez Coto, do CEP Altamira (Gañadora)
  • Alejandro Díaz Martínez, do CEP Altamira (Finalista)
  • Sabela Gándara Iglesia, do CEP Altamira (Finalista)

TUI

  • Alicia Alonso González, do colexio Maristas (Gañadora)
  • Martina Pintos Fernández, do colexio Maristas (Finalista)
  • Daniel Blanco Miguelez, do colexio Nº2 (Finalista)

Deste xeito, docentes, familias e participantes foron recoñecidos polo seu compromiso no coidado do medio ambiente, a eles queremos agradecerlles encarecidamente a súa colaboración.

O presidente do Consorcio e alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que esta iniciativa supón “unha maneira lúdica de concienciar aos máis pequenos no uso responsable da auga, dando a coñecer a importancia deste recurso e as claves para protexer a biodiversidade”.

En similitude, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, xunto a Loli Castiñeira (Salceda de Caselas) e Enrique Cabaleiro (Tui), resaltaron o talento artístico dos nenos e o seu compromiso coa sustentabilidade, así como o propósito de implicar ás familias e aos centros educativos nestas campañas formativas.

  • Cada gañador recibiu unha tablet de 8 polgadas.
  • Os finalistas foron agasallados cun reloxo dixital.

O concurso contou con máis de 254 obras presentadas, procedentes dos centros de 3º e 4º de Primaria dos catro municipios, reforzando valores de sustentabilidade e protección do planeta entre os máis novos.

Rematouse o acto cunha mención á curiosidade e creatividade infantil, valores que, segundo manifestaron, son os verdadeiros superpoderes para construír un futuro máis sostible.

Ver as obras premiadas