Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO INICIA AS OBRAS DE SANEAMENTO EN HERVILLE E ABELENDA

O Consorcio de Augas do Louro ten iniciado esta semana a execución das obras de conexión da depuradora de Herville á rede de saneamento existente, o que permitirá garantir o cumprimento das exigencias medioambientais necesarias para manter o río Miñoteira en bo estado.

A actuación contempla tamén as obras necesarias para manter a depuradora fora da zona de servidume dese cauce e a execución dunha rede de saneamento no lugar de Abelenda, no Concello de O Porriño.

Para isto se ten proxectado un colector de 315 mm de diámetro e cunha lonxitude de preto de 1. 800 metros, percorrendo o trazados os Concellos de Mos e O Porriño.

As actuacións darán servizo a preto de 600 persoas.