Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO INSPECCIONA CUN DRON SUBACUÁTICO A TOMA DE AUGA DO MIÑO

É a primeira vez que se fai uso dun aparello destas características, nunha tarefa que se enmarca dentro das actuacións preparatorias para o período estival

O Consorcio de Augas do Louro, que integra aos concellos de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Tui, vén de realizar a inspección da tubaxe que permite a toma de auga do río Miño e do pozo de bombeo que impulsa a auga ata a estación potabilizadora de As Chans, en Randufe (Tui).

Para realizar a inspección, a máis de 14 metros de profundidade baixo a auga do Miño, empregouse un dron subacuático con capacidade para somerxerse ata 40 metros de profundidade. É a primeira vez que se utiliza un aparello destas características seguindo a liña de innovación e alta tecnoloxía pola que apostan dende o Consorcio.

O robot está dotado dun sonar que permite ampliar a profundidade de inspección ata 70 metros, cunha precisión de 10 centímetros. Ademais, o dron conta cunha cámara 4K e un sistema wifi que permite o envío de imaxes e datos ata a 80 metros de distancia, de tal xeito que se pode comprobar en tempo real o estado das instalacións, podendo programar con detalle as actuacións de mantemento necesarias, preparatorias para o período estival.

Galería: