O Consorcio de Augas do Louro realiza melloras no abastecemento aos concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas
Noticias e publicacións
- Ven, 23/05/2025 - 10:26
- leberinde
Recentemente finalizou unhas obras na potabilizadora de Os Valos e no depósito de A Risca por valor de 236.683,43 €
O Consorcio de Augas do Louro ven de finalizar unha obra de Melloras na ETAP de Os Valos e no depósito de A Risca por un importe final de 236.683,43 €.
As obras consistiron na instalación dunha válvula automática para regular o caudal de entrada á potabilizadora, a renovación e adecuación á normativa de almacenamento de produtos químicos do sistema de dosificación de sosa e a instalación dun sistema de tubaxes e válvulas redutoras de presión para by-pass no depósito de A Risca.
Coa posta en servizo destas melloras xa se está a reducir ata un 5% a perda de auga por alivio da potabilizadora e tamén se puido realizar, con total garantía de subministro á poboación, o baleirado, limpeza e desinfección do depósito de A Risca, tal e como obriga a normativa vixente. Previamente realizouse unha inspección do depósito utilizando un dron subacuático que permitiu comprobar o bo estado da instalación.
Nestes días estase tamén a renovar a arena dos filtros de auga da potabilizadora, nunha actuación programada que suporá unha inversión de 13.780,05 € e que permitirá seguir garantindo a calidade da auga tratada durante os meses de mais consumo do ano, que coinciden co período estival.
Con estas actuacións dáse outro importante paso para a mellora e modernización continua dunhas instalacións de suma importancia para garantir o abastecemento aos veciños dos concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense