Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

O CONSORCIO DO LOURO ACONSELLA UN USO RESPONSABLE DA AUGA ANTE A SITUACIÓN DE ALERTA POR SECA

O pasado luns a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acordou declarar a situación de alerta por seca en todo o territorio da súa competencia, tendo en conta que en determinadas zonas, especialmente en puntos de fora da Comunidade Autónoma de Galicia, os caudais dalgúns ríos están por debaixo do 50% do seu caudal normal. Ante esta situación, e de acordo coas medidas contempladas nos plans especiais de actuación en situación de alerta, o Consorcio informa a todos os usuarios que deben facer un uso responsable da auga, reducindo no posible a rega de xardíns, enchido de piscinas, baldeo de rúas, así como para fomentar o aforro de auga con pequenos xestos diarios como non encher a bañeira e utilizar a ducha, pechar a billa mentres se enxabona, encher ben as lavadoras e lavalouzas, etc.

Por outra banda, a Oficina Técnica da Seca de Augas de Galicia tamén ten declarado a situación de alerta por seca en 6 dos 19 sistemas hidrolóxicos de Galicia, entre os que se atopa os sistema do cal provén a auga que abastece a Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. Estas medidas de sensibilización, por outra banda, non implican de momento ningunha restrición específica para o uso de auga de consumo, estando garantido o abastecemento de auga á poboación.