O CONSORCIO DO LOURO FAI ENTREGA DOS PREMIOS DO III CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL
Noticias e publicacións
- Lun, 02/07/2018 - 09:10
- Anónimo
O pasado luns os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui fixeron entrega dos premios do III Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema “Auga para Grifus; a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa”.
Os catro primeiros premios, un por Concello, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha cámara acuática.
Os representantes dos Concellos quixeron agradecer a participación dos nenos nesta terceira convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.
Os debuxos gañadores poden consultarse en esta misma web
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense