O CONSORCIO DO LOURO INTENSIFICA AS ANALÍTICAS DA AUGA POTABLE DEBIDO AOS INCENDIOS
Noticias e publicacións
- Ven, 20/10/2017 - 08:44
- Anónimo
O Consorcio de Augas do Louro intensificará durante as próximas semanas o número de analíticas de calidade de auga potable tendo en conta os incendios producidos durante a pasada fin de semana e os recentes episodios de choiva, tendo en conta o acontecido nunha situación similar ocorrida no ano 2006. Esta medida preventiva adoitase en previsión da obtención de resultados de calidade desfavorables, algo que non se ten producido polo momento.
Deste xeito, realizarase esta mesma semana unha analítica específica para detectar hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH) nas augas superficiais do embalse de Eiras e do río Miño, que abastecen ós 4 Concellos consorciados. Este composto é indicador da posible presenza de cinzas procedentes dos incendios, analizando tamén diariamente o valor de turbidez nas planta potabilizadoras de As Chans (Tui) e Os Valos (Porriño).
Ademais, a vindeira semana realizarase unha analítica completa de ambas captacións de auga e dúas analíticas de control semanais de auga bruta e tratada nas potabilizadoras de Randufe, en Tui e Os Valos, en Porriño. Deste xeito preténdese ter a maior información posible para adoptar as medidas correctoras que puideran ser necesarias coa maior rapidez posible.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense