SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ATENCIÓN PRESENCIAL EN OFICINAS E PLAN DE CONTINXENCIA POR CORONAVIRUS
Noticias e publicacións
- Ven, 13/03/2020 - 18:23
- Anónimo
O Consorcio de Augas do Louro, en coordinación coa empresa xestora do servizo e co fin de minimizar os riscos para os traballadores e usuarios dos servizos, debido á alerta sanitaria polo Coronavirus COVID-19, manterá pechadas as oficinas de atención ao público cando menos dende o luns 16 de Marzo ata o luns 30 de Marzo.
Os usuarios do servizo poderán seguir realizando os seus trámites como ata o de agora a través do servizo de atención telefónico 900 81 01 03, a través da páxina web do Consorcio ou ben a través da sede electrónica.
Paralelamente a empresa xestora do servizo ten desenvolvido un Plan de Continxencia, con medidas específicas de aplicación no desenrolo dos traballos de mantemento e conservación das instalacións ou lectura de contadores, co fin de garantir a adecuada prestación do servizo mentres dure esta situación de alerta, durante a cal o Consorcio solicita a colaboración de todos os ciudadanos.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense