Solicitude de visita ao Consorcio
As visitas de colexios e outras entidades de formación, asociacións, cooperativas, membros de corporacións municipais e en xeral persoas non familiarizadas con este tipo de instalacións serán obxecto dun especial coidado e seguirán un procedemento específico descrito a continuación:
1. Contacto previo
É preciso solicitar un permiso para a realización de visitas de índole non laboral de forma preliminar. Infórmase ao solicitante da visita das seguintes condicións para poder levala a cabo:
- Debe existir un único responsable da visita, que deberá ser maior de idade.
- A idade mínima dos visitantes é de 12 anos.
- O número máximo de visitantes que poderá acceder á instalación é con carácter xeral de 30 persoas.
- É necesario establecer unha data concreta para a visita con suficiente antelación xa que é preciso garantir que durante a mesma non se executen actuacións que puidesen incrementar dalgunha forma os riscos habituais.
2. Autorización
Unha vez examinada a información enviada na solicitude previa, o Consorcio do Louro comunicará a autorización ou denegación da visita ás súas instalacións a través de correo electrónico.
No caso de obter a autorización para a visita, acompañarase á mesma a seguinte documentación:
A) Un folleto informativo onde se inclúen as normas básicas a ter en conta durante a visita programada, as actuacións a realizar en caso de emerxencia e un plano da planta da EDAR no que se delimitarán os riscos, as vías de evacuación e onde se establecen tamén os puntos de acceso autorizados.
B) O compromiso de cumprimento das normas básicas de seguridade no cal se informa ao responsable da visita da necesidade de que previamente á mesma deberá informar ás persoas asistentes das normas básicas de seguridade incluídas no folleto informativo ao que se fai referencia no anterior apartado A). Con anterioridade a efectuar a entrada ás instalacións, o responsable da visita deberá facer entrega do compromiso de cumprimento das normas básicas de seguridade debidamente cumprimentado e firmado.
3. Visita ao Consorcio
A visita será guiada polo Xefe de Planta ou ben por persoal da Dirección de Explotación, quen ao principio da visita exporá verbalmente as normas básicas da realización da visita: zonas visitables e zonas prohibidas, riscos, comportamentos non permitidos, etc., empregando como modelo o folleto informativo ao que se fai referencia no punto 2) Autorización no apartado A).
Con excepción do punto de encontro (sala de control, aparcadoiro, etc.) a visita dividirase en grupos segundo o tamaño da EDAR e serán acompañados en todo momento por persoal da empresa explotadora ou da Dirección da Explotación.
Só se accederá a puntos e zonas previamente delimitadas e sempre e cando non se incrementen os riscos por execución de tarefas de carácter extraordinario.
No caso de que se producira algunha incidencia, esta será comunicada inmediatamente á Dirección de Explotación.
4. Avaliación visita
Posteriormente á visita e a efectos estatísticos, enviarase ao responsable da solicitante unha enquisa de avaliación co obxectivo de poder medir e valorar a proposta ofrecida e co afán de poder mellorar na realización e organización de futuras visitas.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense