O Consorcio de Augas do Louro está formado polos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui así como pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. Cada unha delas adscribiu ao Consorcio as instalacións existentes neses concellos relacionadas co ciclo urbano da auga e cederon as súas competencias para a explotación e xestión administrativa das mesmas.
Preguntas frecuentes
Área do usuario
Xeral
As nosas infraestruturas permiten subministrar auga potable de calidade ás poboacións que pertencen aos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui e devolvela en óptimas condicións ao medio ambiente.
No Consorcio de Augas do Louro xestionamos todos os procesos do Ciclo Integral da Auga:
Captación e Tratamento
Distribución
Vertido e Depuración
Devolución ao Medio
A xestión integral do ciclo urbano da auga engloba dentro dunha única unidade de xestión os traballos necesarios para a captación de auga, a súa potabilización, almacenamento e distribución domiciliaria, os de recollida da auga residual xerada despois do seu uso e o seu transporte ata as estacións de depuración, nas que se eliminan todos os residuos contidos ou transportados na auga. Nese momento, a auga pode devolverse ao medio receptor, e “cérrase o ciclo urbano” da auga.
A liquidación das taxas do Consorcio engloba, nun documento único, os importes derivados da prestación dos servizos de abastecemento, sumidoiro e depuración. O importe de cada un destes servizos calcúlase mediante unha cota variable en función do volume de auga realmente consumido e do número de persoas que viven en cada fogar. Ademais, o recibo da auga inclúe o importe que o Consorcio está obrigado a recadar a favor da Xunta de Galicia en concepto de “canon da auga”.
As tarifas do Consorcio son as mesmas para os catro concellos e se aplican bimestralmente mediante recibos que se aproban ao mesmo tempo. Para isto, o Consorcio ven de elaborar un padrón de usuarios único.
Prestación do servizo
Sendo o titular da subministración poderás consultar todas as cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servizo en relación á súa subministración, así como a recibir contestación a todas as queixas, suxestións ou reclamacións que formules.
O usuario do servizo é aquela persoa física ou xurídica que goza do servizo de subministración de auga, sumidoiro e/ou depuración de augas residuais prestado polo Consorcio de Augas do Louro.
É o número que se xera unha vez formalizada a prestación do servizo entre o usuario e o Consorcio de Augas do Louro. Este número permite localizar de forma rápida os datos do usuario e dirección da vivenda ou local onde se presta o servizo.
Se nos facilitas un número de teléfono e email sempre poderemos contactar contigo ante calquera incidencia relacionada coa túa subministración ou cos trámites vixentes. E tamén poderás gozar de posibles melloras tecnolóxicas que o Consorcio implante.
Tras o falecemento do titular do servizo poderán subrogarse nos dereitos e obrigacións do mesmo o seu cónxuxe, parella de feito inscrita no correspondente Rexistro, descendentes, fillos adoptivos plenos, ascendentes e irmáns.
Tamén poderá subrogarse calquera outro herdeiro ou legatario se ten que suceder ao causante na propiedade ou uso da vivenda ou local no que se realice a subministración.
Poderán igualmente subrogarse no servizo os cónxuxes separados ou divorciados aos que se adxudique o uso e goce da vivenda, local ou industria no correspondente convenio regulador aprobado xudicialmente.
No caso de Entidades xurídicas, quen se subrogue ou substitúa en dereitos e obrigacións poderá facer o propio, condicionado á presentación ante a Entidade subministradora de todas as autorizacións administrativas necesarias.
Lecturas e consumos
A comprobación básica que se pode facer para detectala consiste en deixar a chave de paso interior aberta e non utilizar ningún elemento ou aparato susceptible de consumo, asegurándose previamente, se dispón de depósito, que este se atopa cheo. Se en estas condicións o contador rexistra paso de auga, débese a que se está a producir un consumo involuntario en algún punto da rede interior, ou en billas ou cisternas, debendo proceder á súa localización e reparación sen demora, xa que por pouco importante que poida parecer, repercute na túa factura.
Para a toma de lectura só se considerarán os díxitos correspondentes a m3.
Para que o Consorcio poida liquidarche as taxas exactamente polo que consomes, e evitar así ter que utilizar unha lectura de consumo estimado, podendo ser esta en exceso ou en defecto.
Entregando a mesma nunha caixa de correo cando o lector deixe o formulario de autolectura.
É aquela que se obtén da toma da lectura do contador.
É aquela que é empregada para a liquidación das taxas cando non fose posible coñecer os consumos realmente realizados. Hai varios motivos polos que podemos non dispor dunha lectura real do contador:
- Avaría no equipo de medida.
- Ausencia do subscritor no momento no que se intentou tomar a lectura.
A liquidación do consumo estimado efectuarase da seguinte forma:
- Calculando a media diaria de consumos habida no mesmo período de dous anos anteriores e aplicando este consumo medio diario ao número de días do período estimado.
- En aqueles casos nos que non existan datos históricos para poder obter a media á que se alude no parágrafo anterior, os consumos determinaranse en base á media que se obteña en función dos consumos coñecidos de períodos anteriores.
- Nos casos de avaría ou cando se dispoña dunha soa lectura, por invalidez da do período anterior, por avaliación en función do réxime de consumos diarios de tal modo que, cando sexan estables, liquidarase mediante o procedemento detallado anteriormente por estimación. En caso contrario, en base ás lecturas de consumos do novo contador durante os 30 días seguintes á súa instalación. No caso de que non exista contador, por un mínimo de 25 m3/mes para usos domésticos e de 250 m3/mes para usos asimilados a domésticos e non domésticos.
Os consumos así estimados terán o carácter de firme no suposto de avaría no contador, e a conta nos outros supostos nos que, unha vez obtida a lectura real, procederase a regularizar os consumos estimados.
Liquidacións e bonificacións
O número de habitantes por vivenda deberá ser acreditado polo titular da subministración mediante un certificado do Padrón Municipal de habitantes do concello correspondente no que figure o titular da subministración.
En efectivo, nas entidades bancarias colaboradoras: Abanca e La Caixa.
E pago domiciliado.
A través do noso teléfono de atención ao cliente 900 810 103.
En calquera das nosas oficinas de atención ao cliente.
Pódense solicitar bonificacións do 50% no importe das taxas acreditando a condición de familia numerosa.
Pódese acreditar tamén estar en situación de exclusión social, mediante informe dos servizos sociais do concello correspondente, en cuxo caso o usuario estaría exento do pago das taxas.
No caso de acreditar a convivencia de máis de tres persoas por vivenda presentando o correspondente certificado do Padrón de habitantes do concello correspondente, o usuario verase beneficiado pola aplicación de menores tarifas en función do consumo real por persoa.
Podes descargarte os modelos de solicitudes desde esta páxina web e presentalas ou envialas por correo, xunto coa documentación necesaria, a calquera das catro oficinas do Consorcio.
Contadores
É un aparato mecánico de medida que contabiliza o gasto de auga realizado. Se tes contador entón pagarás polo teu consumo real. No caso contrario deberás instalalo antes do 31 de decembro do 2014.
Pode instalalo o Consorcio, solicitándoo en calquera das nosas oficinas ou chamando ao 900 810 103, ou ben podes instalalo ti pola túa conta, debendo solicitar ao Consorcio nese caso a inspección e verificación das instalacións de acometida e contador.
- No cuarto de contadores habilitado para isto.
- No caso de non dispor de cuarto de contadores, en zonas de uso común e accesible para os lectores.
- No caso de non ser posible ningunha das dúas opcións anteriores, na entrada xeral do edificio.
- O contador deberá estar homologado na Comunidade Europea.
- Será de clase metrolóxica C, cun ratio R>=160.
- Tamén deberá ser compatible co sistema de lectura a distancia.
- En función do diámetro da canalización de acometida, o Consorcio aplicará a correspondente taxa por instalación de contador segundo o establecido na Ordenanza Fiscal Reguladora vixente en cada ano e publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, non estando incluído dentro desa taxa a modificación das canalizacións da mesma necesarias para que este se poida instalar por non ser da súa competencia.
- Se o contador é instalado por conta do usuario, deberá aboar o establecido na Ordenanza para que os técnicos do Consorcio inspeccionen e verifiquen que toda a instalación está correcta.
O persoal da empresa vai identificado co correspondente carné da empresa, o cal estará obrigado a mostrar ao subscritor sempre que lle sexa solicitado. No caso de dúbida sobre os traballos a realizar polo operario, o usuario pode poñerse en contacto a través do noso teléfono de atención ao cliente 900 810 103 para confirmalo.
Unha verificación do contador é aquela realizada a través da Delegación Provincial da Consellaría con competencias en materia de industria. O subscritor pode solicitar esta proba sempre que non estea conforme cos resultados das probas realizadas pola Empresa Subministradora. O importe de dita verificación será a cargo do subscritor se as probas da administración competente determinan que o contador funciona correctamente ou con subcontaxe. No caso contrario, ditos gastos correrán a cargo da Empresa Subministradora.
Notificacións e cartas recibidas
Na carta de devolución de recibo domiciliado comunicámosche que o teu banco devolveu os recibos, e desde a data indicada a domiciliación bancaria quedou sen efecto e por tanto non se xirarán máis recibos á túa conta. Podes aboar dito recibo nas nosas oficinas ou nas entidades bancarias colaboradoras.
Para domiciliar de novo o pago dos teus recibos debes poñerte en contacto connosco a través do noso teléfono de atención ao cliente 900 810 103, ou a través de calquera das nosas oficinas de atención ao cliente.
Na carta de non disposición de lectura real, comunicámosche que non dispoñemos dunha lectura real do teu contador por un período de tempo superior ao establecido no regulamento do servizo co posible prexuízo que para ti poida significar este período prolongado de estimación de consumos.
Podes facilitar a lectura do teu contador a través do noso teléfono de atención ao cliente 900 810 103.
Dita lectura será debidamente comprobada pola Entidade Subministradora.
Na carta de consumo elevado, comunicámosche que ultimamente produciuse un aumento considerable do consumo respecto ao teu consumo habitual. Isto pode ser debido a un erro de lectura, a un cambio nos hábitos de consumo ou ben a un problema asociado á túa instalación interior.
No caso de tratarse dunha lectura correcta e que non se producise un cambio non teus hábitos de consumo, recomendámosche que revises a túa instalación interior, por si dito incremento de consumo estivera provocado por unha fuga.
Na carta de uso fraudulento, comunicámosche que estás a gozar do servizo de auga sen ter formalizado o correspondente contrato de subministración.
Para resolver esta incidencia debes iniciar os trámites para a regularización da situación, mediante cita previa nas nosas oficinas principais de atención ao público, podendo solicitala vía online ou no teléfono de atención ao cliente 900 810 103.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense