Comunicámoslles que o vindeiro martes, 17 de novembro, está prevista unha interrupción temporal da subministración de auga desde o encoro de Eiras ao Consorcio de Augas do Louro.
Esta interrupción débese a traballos de mantemento no propio encoro, executados por Augas de Galicia.
O Consorcio está a traballar para minimizar as afeccións derivadas desta actuación. Non obstante, segundo as previsións actuais, podería ser necesario interromper temporalmente a subministración aos polígonos industriais a partir das 17 h para garantir o abastecemento á poboación.
Por este motivo, pregamos que durante esa xornada fagan un uso responsable da auga, limitando na medida do posible os consumos non imprescindibles.
Agradecemos a súa colaboración e comprensión.
