Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103
Inicio » Compromiso social e sostibilidade » Beneficios sociais e exencións
Beneficios sociais e exencións
Compromiso social e sostibilidade
Enuméranse a continuación os casos ou circunstancias nas que se puidesen achar tanto as persoas como as entidades que permiten obter beneficios e exencións fiscais no que respecta ao pagamento dos servizos prestados polo Consorcio do Louro. Para os tres primeiros casos, é a administración tributaria a competente para o establecemento do modelo normalizado de solicitude e no que respecta á súa recepción, tramitación e resolución.
- Será de aplicación unha dedución do 50% sobre a cota tributaria íntegra ás familias numerosas.
- Aplícase a concesión de exencións a aquelas personas que se atopen nunha situación de exclusión social.
- As entidades de iniciativa social son susceptibles de que se lles aplique a concesión de exencións.
- Están exentas do pagamento da taxa por abastecemento ou subministracións domiciliarias de auga potable as instalacións deportivas de titularidade municipal.
Hai moita auga sen vida no universo, pero en ningunha parte hai vida sen auga.
Sylvia A. Earle, oceanógrafa estadounidense