Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Noticias e notas de prensa

Por exemplo, 11/10/2024
Por exemplo, 11/10/2024

Representantes das 5 administracións consorciadas, Porriño, Tui, Salceda de Caselas, Mos e Xunta de Galicia, entregan os premios aos gañadores e finalistas do concurso nun acto celebrado o pasado 5 de Xuño na EDAR de Guillarei, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos acompañados dos seus familiares realizaron posteriormente unha pequena visita ás instalacións da EDAR de Guillarei.

 

O Consorcio de Augas do Louro tivo información este domingo da existencia e potencial distribución no Concello de Mos dun folleto que utiliza o nome e teléfono de atención aos usuarios do Consorcio e  utiliza tamén o nome, escudo e teléfono do Concello de Mos, reproducindo un suposto recibo emitido por unha empresa ficticia e cun importe desproporcionado polo subministro de auga.

O Comité Directivo do Consorcio, na súa reunión do pasado luns día 30 de xullo, acordou prestar os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.

O pasado luns os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui fixeron entrega dos premios do III Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema “Auga para Grifus; a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa”.

Os catro primeiros premios, un por Concello, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha cámara acuática.

Atendendo a solicitude do Concello de Tui, e en base á relación de vivendas afectadas facilitado polo servizo de urbanismo dese Concello, o Comité Directivo do Consorcio do pasado luns acordou por unanimidade tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión do material pirotécnico de Paramos do pasado 23 de maio.

Xa temos aos debuxos premiados da 3ª Edición do Concurso de Debuxo – “ Auga para  Grifus”
 
Proximamente contactarase con cada un dos premiados para comunicarlles a data de entrega dos premios que se realizará na sede do Consorcio situada na EDAR de  Guillarei nun acto presidido polos membros do Comité Directivo do Consorcio de  Augas  do Louro e no que se realizará unha visita guiada ás instalacións da EDAR de  Guillarei cos nenos e os seus familiares.

Arranca a 3ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL que, con motivo do Día Mundial da Auga e baixo o lema AUGA PARA GRIFUS, organiza novamente o Consorcio de Augas do Louro

O Consorcio de Augas do Louro celebrará a súa segunda xornada de portas abertas na estación depuradora de Guillarei o vindeiro xoves 22 de marzo, coincidindo co día mundial da auga.

O Consorcio de Augas do Louro intensificará durante as próximas semanas o número de analíticas de calidade de auga potable tendo en conta os incendios producidos durante a pasada fin de semana e os recentes episodios de choiva, tendo en conta o acontecido nunha situación similar ocorrida no ano 2006. Esta medida preventiva adoitase en previsión da obtención de resultados de calidade desfavorables, algo que non se ten producido polo momento.

O pasado luns a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acordou declarar a situación de alerta por seca en todo o territorio da súa competencia, tendo en conta que en determinadas zonas, especialmente en puntos de fora da Comunidade Autónoma de Galicia, os caudais dalgúns ríos están por debaixo do 50% do seu caudal normal.

Páxinas